Acción de ataque en salto de vallas

As carreiras de vallas son probas de velocidade, nas que os corredores deben saltar unha serie de vallas.

Técnica:

A carreira divídese en catro fases:
  • A forma de saída é semellante á das probas lisas, pero necesitas un control do corpo maior con mais antelación que nas probas lisas. Por iso, os seguintes movementos realízanse para atacar a valla no menor tempo posible
  • O paso de valla deberá de realizarse no menor tempo posible
  • Na carreira entre vallas o corredor realizará tres pasos ata o seguinte ataque
  • No final, despois de pasar a última valla o atleta deberá ir o máis rápido posible ata a meta.
Neste traballo ímonos centrar no ataque da valla e as variación entre distintos atletas.
  •  Perna de ataque: esta é a perna que se lanza contra a valla, formando a xeonllo un ángulo recto ata que alcanza a altura da cadeira, e nese momento esténdese; no momento no que o pé pasa sobre a valla debe buscar o chan con rapidez.




Imos comezar esta análise coa observación e comparación dun vídeo, no cal vemos unha carreira de vallas de 110 metros masculina.


-No atleta numero 2 apréciase un ataque tardío, chegando a tirar unha valla e movendo varias das mesmas, o que lle supuxo pasar dos postos superiores a quedar no último lugar. Minuto 1:14
-Os atletas número 6 e 7 van case á par, aínda que podemos observar neste momento que o sétimo realiza un ataque moito máis eficiente, sendo o salto do sexto moito máis vertical e pasando o seu pé de ataque máis separado da valla.
-Comparando o atleta 1 e o 3, apreciamos que a técnica de perna é similar aínda que a posición do corpo varía tendo o 3 unha maior flexión de tronco, o cal lle da menos resistencia do aire provocando una maior velocidade no corredor 3.
-No corredor número 4 observamos unha técnica bastante correcta, aínda que, comparándoo de novo co 3 puidemos darnos de conta de que realiza o ataque demasiado tarde, pois elévase demasiado e tarda por tanto moito en aterrizar, perdendo dese modo vantaxe fronte a alguén que tarde menos.
-Ó comparar o corredor 5 co 8, podemos ver como realizan o ataque tardío e baixo a partir da segunda valla, provocando a tirada da valla en varias ocasións.


Para concluír, observamos que na acción de ataque:

Resultado de imagen de salto de valla
-O movemento de pernas dos atletas ao atacar é bastante similar, chegando á mesma posición nas distintas fases do mesmo, aínda que algúns tardan máis en chegar á extensión total da perna de ataque, quedando algúns incluso cunha moi lixeira flexión de xeonllo.


-Nalgúns dos corredores variaba o momento do salto, provocando diferenzas notables na altura do salto, e provocando por tanto diferenzas no desempeño final á súa vez.

Imagen relacionada
-Tamén varía a posición do tronco, pois algúns dos atletas flexiónano notablemente, mentres que outros só fan unha lixeira inclinación. Isto podería chegar a dar vantaxe aos primeiros mencionados, pois atoparíanse nunha posición máis aerodinámica.
-En canto aos brazos, observamos que algúns dos atletas realizan o ataque con eles en posición adiantada, con flexión de hombros e codos estendidos, mentres que outros deles saltan cos brazos en posición de carreira practicamente. Non apreciamos que ningún dos grupos teña unha vantaxe notable con respecto ao outro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elección del mejor artículo de salto de altura

Para realizar esta entrada he observado varios artículos de diferentes compañeros para realizar la elección del mejor artículos de salto de ...